Información / Contacto

Camiños Da Fin Da Terra é unha páxina web creada en Setembro de 2011 que nace cos obxectivos principais de:
  •  Crear afección ó sendeirismo na Costa da Morte.
  • Brindar información detallada sobre rutas de sendeirismo no ámbito da Costa da Morte para que a xente afeccionada poda facer uso desta, pois os diferentes Concellos non soen ofrecer demasiada información.
  • Dar a coñecer lugares da Costa da Morte en xeral descoñecidos, e aproveitar tamén para mostrar aspectos da cultura da zona.
Espero que a visita sexa do voso agrado, e anímovos a que con cada visita que fagades deixedes a vosa pegada, xa sexa con algún comentario mostrando a vosa opinión, aportando ideas e consellos, ou tamén puntuando e valorando cada entrada facendo uso das estrelas de valoración.
Tamén, e se vos interesara contactar comigo, déixovos o meu enderezo electrónico: alexfeba@hotmail.com
Sen máis, un saúdo camiñantes!
Alejandro Ferreiro Barreiro

2 responses to this post.

  1. Fantástica proposta!!! Unha necesidade na costa da Morte sen dúbida. Sería cojonudo poder segregalas por Concellos e metela en inglés, pero entendendo que se trata dunha aposta persoal, é cojonuda!!!
    Mañá, na Bitácora da Semana de QPC!!

    Longa vida aos Camiños da Fin da Terra!!!

    Resposta

    • Vaia, moitísimas gracias Ubaldo!

      Alégrame moito que esta bitácora sexa do teu agrado, será un honor formar parte da Bitácora da semana de Quepasanacosta! Ademáis resultará un incentivo extra para intentar seguir mellorando pouco a pouco a web 🙂

      Longa vida pois! 😀

      Un saúdo!

      Resposta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: