O Rego Dos Muíños


A ruta do rego dos muíños sitúase no Concello no que resido, Cabana de Bergantiños. Esta discorre a través de dúas parroquias: Canduas e Borneiro. O punto de partida atópase en Canduas (xusto enfronte ó supermercado das Grelas) e vai subindo polo “Monte do Roncaduiro” ata o castro a Cidá de Borneiro, situado na entrada do pobo de Borneiro. A carón do sendeiro discorre un rego de auga no que se agolpan ata vintecatro muíños, que antigamente aproveitaban a forza da auga do rego para moer o gran.

En canto ás características do roteiro, a lonxitude do percorrido (ida e volta) é de aproximadamente uns 7 quilómetros e unha hora e tres cuartos de duración. A dificultade é baixa (o sendeiro está ben sinalizado e practicable). Ademáis, déixovos aquí abaixo as características MIDE e un mapa orientativo co perfil de elevación:

Características MIDE

Mapa co perfl do roteiro

O primeiro muíño encóntrase xusto no punto de partida, dentro da horta da casa que se atopa ó comezo da pasarela de madeira. Logo, unha vez comezada a andadura, e tras camiñar poucos metros, xa podemos ver o segundo dos vintecatro muíños dispostos ó longo do percorrido coñecido como “Muíño Novo”. Como podedes ver na foto, foi restaurado por un grupo de xóvenes voluntarios chegados de toda España e Uruguai a un campo de traballo que se desenvolveu este verán pasado no municipio de Cabana de Bergantiños, e no cal tiven a sorte de participar como monitor. Xuntos conseguimos limpar e adecentar os catro primeiros muíños da ruta, ademáis de limpar e bernizar pasarelas, bancos e papeleiras de madeira. A este muíño, incluso lle limpamos a canle e o cubo, e a auga discorre de novo por dentro do muíño, dándolle unha visual moi bonita.

Antes...

Despois 🙂

Máis adiante, cruzamos a pequena estrada e continuamos polo sendeiro, no que atopamos un dos carteis informativos que nos axudan a comprender o roteiro. Neste caso, explícanos todas e cada unha das partes dun muíño.

Diferentes partes dun Muíño

Aproveito tamén para deixarvos algunhas coplas antigas que cantaba a xente nos muíños, pois sabemos que eran lugares de reunión da xente de antano:

“O muíño non é muíño,
que é a capilla dos ratos,
donde se daban os bicos
e mailos moitos abrazos.”

“Fun ó muíño con Paula,
fun ó muíño con ela;
fun ó muíño con Paula,
fun en paz e vin en guerra.”

“Mui muíño, mui muíño,
bótame a fariña fóra,
que a filla da muiñeira
ten un andar que namora.”

Continuamos ata chegar a outra pequena estrada que cruza o sendeiro, e no cruce mesmo podemos ver unha pequena horta habitada por un paisaniño moi pintoresco:

Elegante, eh?

Neste novo tramo será no que comece a subida cara Borneiro, deixando o rego maioritariamente á man esquerda. Máis ou menos na metade da ascensión, encontrámonos con outro muíño restaurado ao lado dunha pasarela de madeira. Aquí encontreime cunha chistosiña compañeira de camiño.

Un dos poucos muíños restaurados do roteiro

Unha pequena rá de cor laranxa

Continuamos a ascensión, e xa hai que ir agudizando a vista para descubrir os muíños agochados entre a maleza…

Adiviña visual: cantos muíños se poden ver nesta foto? ningún, un ou dous?

Ó final do sendeiro, chegamos a entrada do pobo de Borneiro e, cruzando a estrada, adentrámonos no camiño que nos leva ó castro, onde finaliza o roteiro con dous novos muíños, en bastante bo estado, e coa característica de ter un deles o tellado feito con lousas. A ruta podería seguir monte arriba, pero estaríamonos metendo en parte de outra ruta que vos mostrarei máis adiante 😉 Así que só queda volver a baixar o “Roncaduiro” ata o punto no que comezamos o camiño.

Co meu canciño, descansando no Castro

Último muíño do roteiro

E ata aquí este primeiro “Camiño da fin da terra”. Espero que vos deixara unha boa impresión  e que vos animedes a percorrelo algún día! Xa me contaredes as vosas impresións. Se queredes obter máis información adicional, só tendes que visitar a páxina web do Concello de Cabana de Bergantiños

UN SAÚDO CAMIÑANTES!

7 responses to this post.

  1. Posted by ruben on 30 Setembro, 2011 at 21:50

    esto e una maravilla.esta xente si q da gusto vela traballar que o q realizan queda mui bonito

    Resposta

  2. Posted by Braisinho on 6 Outubro, 2011 at 15:25

    Boa entrada para comezar socio. Espero que este blog sexa un exitazo e o poidas encher con miles de aventuras (e eu estar nalgunha delas) Jajaja.
    Unha aperta meu.
    Sempre Silveira !! AUUUUU !!!!

    Resposta

  3. Posted by Uxío on 31 Outubro, 2011 at 15:17

    pois si está currado… parabéns!
    no que comentas do campo de traballo había que dicir quenes traballaron de verdade… os monitores!

    Resposta

    • Gracias Uxío! É certo, entre que algúns eran uns vagos e nós que nos emocionábamos con cada palada, os verdadeiros currantes fomos ti e eu! jajaja Un saúdo, xa me comentarás como vai o outono micolóxico e darasme tamén unhas clases sobre cogumelos, que falta fan jeje

      Resposta

  4. Posted by Bea on 18 Febreiro, 2013 at 15:26

    Gracias por compartir esta ruta connosco…Alex e máis eu fixémola este pasado sábado aproveitando que facía moi bo día, encantoume e o final espectacular…eso sí intentamos subir a Fernandiña e faltaba unha sinal e tivemos que dar volta. Gracias, ánimo e a seguir co blog que o tedes moi abandonado, jajaja

    Resposta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: