Que pasa camiñantes! Canto tempo! Despois de un tempo sen descubrirvos un novo camiño, chegou o momento de facelo, e de facelo ó grande, cun fermoso roteiro e sumando ademáis un novo concello á nosa lista particular de municipios visitados. Trátase da ruta Malpica – Caión, un longo roteiro duns 30 quilómetros aproximadamente, que vos descubrirei en dúas etapas. Antes de nada, quérolle dar as gracias ó meu colega David por acompañarme nesta aventura, a ver cando facemos a seguinte meu!
Neste primeiro capítulo do percorrido, comezaremos o traxecto no porto da vila mariñeira de Malpica, e finalizarémolo na praia do Riás, na parroquia malpicana de Cambre, despois duns 12 quilómetros de andaina. Durante o camiño visitaremos, entre outras cousas, un pazo, muíños de auga á beira do mar, praias fermosas, furnas e moitos cantís. Que vos parece? Pinta ben a cousa non? Pois non vos fago esperar máis. Mapa, valoración MIDE e adiante!
A única recomendación que vos dou para facer este camiño é que levedes un pantalón medianamente forte para o tramo de desmonte que hai que atravesar cerca dos muíños de Ardeleiro, pois hai que camiñar entre bastante maleza e toxos.
Comezamos no porto de Malpica, para coller pola rúa “Agra del río” e subir ata a estrada que vén do campo de fútbol. No cruce cóllese á esquerda, onde xa nos atopamos un cartel indicativo do roteiro, unha minúscula área recreativa e a capela de Santo Antón.
Continuamos pola estrada e poucos metros máis adiante, atopámonos cun peto de ánimas. Seguimos e no cruce collemos á esquerda, pola pista máis pegada ó mar. Durante este traxecto, vemos a punta do muelle de Malpica, todos os cantís que percorreremos ó longo do camiño de hoxe, e tamén unha pequena illa coñecida pola xente do lugar como “A Barca De Maghé”.
Seguindo as indicacións, déixase o asfalto para camiñar un tramo por pista de carros, e ó rematar esta, cando se chega de novo á pista asfaltada, hai que estar atento e coller o camiño que está xusto á esquerda. Un pouco máis adiante nunha encrucillada, débese seguir de frente, e ó finalizar a pista, á esquerda, xa camiño de Ardeleiro. Neste tramo, cerca do último cruce, atopeime cunhas intrigantes pegadas, que aínda hoxe non teño claro de que animal poden ser…
Máis adiante, cando xa se ven as primeiras casas do lugar de Ardeleiro, hai que tomar un cruce á esquerda en dirección á costa, e ó chegar a uns prados hai que atravesalos e descender por un pequeno tramo duns douscentos metros cheo de toxos, para chegar ó fermosos muíños de Ardeleiro.
Resulta este lugar sen dúbida encantador, no que se atopan cinco muíños tradicionais restaurados moi cercanos ó mar ademáis de unha impresionante furna:
Subimos cara o aparcadoiro e dende alí cóllese a pista que leva ó lugar de Loroxo, para isto hai que coller no desvío á esquerda, pois o da dereita leva a Ardeleiro. Unha vez en Loroxo, pódese ver o pazo, co seu grande e fermoso escudo na fachada.
Volvemos sobre os nosos pasos e continuamos pola estrada ata o lugar do Ceán, atravesándoo completamente e tomando o desvío que leva ó campo de fútbol. Alí cóllese á esquerda por unha pista forestal que nos leva de novo en dirección á costa. Aquí atópanse uns sinais que cando menos resultáronme curiosos.
Continuando o descenso, camiño da praia de San Miro, encóntrase gran cantidade de piñeiros cerca do mar, cousa habitual durante todo o camiño.
Acabando o descenso, atopámonos coa fermosa praia de San Miro, un lugar perfecto para pasar unha tarde tranquila, buscando crebas no coído que se atopa no fondo desta ou contemplando a fermosa fervenza que percorre o seu lateral e que morre directamente no mar.
Dende aquí séguese o camiño pegado á costa subindo pola costenta pista forestal e ó rematar o ascenso, á esquerda pódese desviar para contemplar unha espectacular furna con tres buratos, coñecida como a “Furna das Grallas”.
Voltamos de novo sobre os nosos pasos e continúase pola pista de terra, seguindo os sinais oficiais de sendeirismo. Durante este longo tramo iremos rodeados de gran cantidade de piñeiros, e no medio un pequeniño tramo de Carballos, todo isto antes de chegar á fermosa praia do Riás, a cal desaparece en gran parte cando sobe a marea.
Durante este tramo, e tamén nos anteriores, pódense ver unha boa cantidade de pescadores que acoden ós cantís a practicar o seu pasatempo favorito
Fantástico este roteiro pola costa malpicana, moi aclamado en concreto polos practicantes de btt. Espero facer a seguinte metade pronto e amosárvola canto antes, porque ben seguro que será igual de fermosa que a primeira
En canto a vós, espero que desfrutárades deste novo roteiro e, coma sempre, que isto vos anime a percorrelo. Ata a próxima, vémonos nos camiños compañeiros!
UN SAÚDO CAMIÑANTES!







































Publicado por Zaira o 26 Febreiro, 2012 ás 14:34
Qué ruta máis bonita Alex !! Hai fotos impresionantes !
Publicado por camiñosdafindaterra o 26 Febreiro, 2012 ás 17:53
Alégrome de que che gusten as fotos Zaira! Pero xa che digo que non lle fan xustiza a ese anaco de costa
Publicado por David o 26 Febreiro, 2012 ás 16:52
está que te cagas…haber cando a acabamos…
Publicado por camiñosdafindaterra o 26 Febreiro, 2012 ás 18:01
jaja si tio! eso, a ver cando facemos a outra metade, que vai molar seguro!
Publicado por Quito o 26 Febreiro, 2012 ás 19:21
Moi fermosa a ruta e moi bo o traballo que fas publicando ditas rutas.
Publicado por camiñosdafindaterra o 26 Febreiro, 2012 ás 19:37
Dende logo que si, Quito. Moitas gracias! Faise o que se pode jeje, un saúdo!
Publicado por Simón o 26 Febreiro, 2012 ás 21:04
Bonita ruta! A quen madruga… xa o di o refrán. Esperamos pola vindeira!
Publicado por camiñosdafindaterra o 26 Febreiro, 2012 ás 21:24
Ese Saimon! Graciñas polo comentario meu, espero non tardar tanto coa seguinte entrada, un saúdo!
Publicado por A praia e a fervenza de San Miro | Recunchos da Costa o 7 Xuño, 2012 ás 17:49
[...] viaxamos da man do sendeirista Alex Feba para lugar tan segredo como espectacular. No marco dunha completa ruta de sendeirismo que parte dende Malpica cara Caión, queremos parar na fermosa zona de San Miro, na parroquia malpicá de Cerqueda. “Un lugar [...]